Campaña informativa

 FEGAMA INICIA A “CAMPAÑA INFORMATIVA: POR UNHA PAC FORTE, SOSTIBLE E EQUILIBRADA” POR DIFERENTES LOCALIDADES DE GALICIA ATA ABRIL DO ANO QUE VÉN

 

É importante e necesario que a sociedade en xeral recoñeza o papel insubstituíble que realizan os agricultores, non só como produtores de alimentos, senón tamén como administradores do equilibrio natural. Se en primeiro termo, a misión da agricultura é producir alimentos suficientes para a poboación humana (función que toma unha especial relevancia no momento actual), iso non nos debe facer esquecer outras importantes funcións: a conservación da biodiversidade e a paisaxe e o propio mantemento do nivel e da calidade de vida das poboacións rurais. En Galicia este punto é evidente e seguramente esteamos ante un dos exemplos máis manifestos da multifuncionalidade da agricultura. É necesario transmitir aos contribuíntes a importancia do sector agrícola e a súa contribución á sociedade, un sector que ten un problema de imaxe, e doutra banda é necesario cambiar a percepción que a sociedade ten do importante papel que desempeña a agricultura.

Doutra banda, a actividade agraria en Galicia está en retroceso:o número de explotacións e de ocupados agrarios diminúe preocupantemente. Galicia, está sufrindo un forte proceso de despoboamento e abandono dos usos agrícolas e gandeiros que esta comprometendo a conservación das paisaxes das nosas zonas rurais e a súa biodiversidade. O abandono do campo ten graves consecuencias ambientais, sociais e territoriais para as zonas rurais.

Leer más...
 
Taller

FEGAMA celebrou o pasado sábado en Vilasantar un taller de análisis e reflexión pertencente á “CAMPAÑA INFORMATIVA: POR UNHA PAC FORTE, SOSTIBLE E EQUILIBRADA” promovida pola Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.

 

Este taller que comezou ás 11 da mañá no Seixo, San Vicente, e tivo por obxectivo de debate sobre as interaccións entre a agricultura, a biodiversidade e a paisaxe.

Participou persoal da Universidade que esta levando a cabo estudos relacionados con esta temática, representantes de diferentes colectivos da sociedade, incluídos os propios agricultores, os técnicos das organizacións agrarias e ambientais e os xornalistas. Analizáronse os últimos estudos publicados na UE sobre as consecuencias do abandono da actividade agrícola para a biodiversidade e a paisaxe. Ademais debateuse e valorouse a función e a utilidade da PAC en relación á biodiversidade e á paisaxe.

 

Para máis información,  FEGAMA 981 53 46 05

Leer más...
 
FITOSANITARIOS

Só un de cada dous envases fitosanitarios postos no mercado se xestionan correctamente.

 

FEGAMA puxo en marcha unha serie de actividades de información e sensibilización nos concellos das seis Denominacións de Orixe de viño galego:Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras e Viño da Terra de Barbanza e Iria. Estas actividades están encadradas dentro do proxecto "Análise e determinación da xestión dos residuos de envases e produtos de fitosanitarios no medio rural galego", subvencionada ao abeiro de axudas para entidades sen animo de lucro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

 

Imagen activa

 

Leer más...
 
FEGAMA DESENVOLVE UN PROXECTO PILOTO PARA A XESTIÓN DE RESIDUOS ORGÁNICOS DE EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS

O proxecto piloto "Valorización dos residuos agrarios gandeiros e a súa repercusión na mitigación e na adaptación do sector gandeiro ao Cambio Climático" abrangue o desenvolvemento de alternativas innovadoras na xestión dos subprodutos orgánicos procedente de explotacións gandeiras avícolas, porcinas e vacúas nas comunidades de Galicia, Extremadura e Murcia.

(Mércores, 2 de decembro de 2009)

Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 8 de 9