|
Galicia conta cunha importante e recoñecida riqueza paisaxística. A súa situación xeográfica, a presencia do océano e a existencia das altas serras orientais, unha contrastada morfoloxía, milleiros de ríos, e a existencia de dúas Galicias petrolóxicas: a granítica e a pizarrenta, configuran unha diversidade paisaxística única e irrepetible. Non obstante a situación actual, derivada dunha mudanza súpeta nos usos e nos costumes das xentes como consecuencia do desenvolvemento socioeconómico, tivo como consecuencia unha forte degradación das paisaxes en áreas moi concretas do noso territorio. |
|