|
Galicia conta coa Rede Galega de Espazos Protexidos, creada a partir da Lei (autonómica) 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Esta Rede componse dos espazos protexidos baixo as figuras ou categorías de: reserva natural, parque nacional, parque natural, monumento natural, terreo húmido protexido, paisaxe protexida e zona de especial protección dos valores naturais. En conxunto, os espazos naturais protexidos suman unha superficie total de 389.856,5 hectáreas, incluíndo superficie terrestre e medio mariño. Se nos limitamos á superficie terrestre, a cifra ascende a 355.225,5 hectáreas, o que supón o 12,0 % do territorio de Galicia. Con frecuencia, as poboacións de zonas rurais, que son declaradas espacios naturais protexidos, consideran este feito unha «ameaza» para os seus intereses xa que, en xeral, parece existir un conflicto entre a protección do medio ambiente e o desenvolvemento rural debido a unha desigual distribución dos costes e beneficios asociados á protección da naturaleza. |