|
Nos últimos anos o Cambio Climático e o consecuente quencemento do planeta é unha evidencia, é un fenómeno cada vez mais preocupante que afecta a todos os sectores do medio rural. Sabemos que un quecemento global media na superficie terrestre superior os 2ºC provocará moi probablemente efectos irreversibles nos ecosistemas, e polo tanto nas sociedades humans, incluíndo a economía e a saúde. As proxeccións indican que é moi probable un quecemento de polo menos 0.2°C por década no futuro próximo. O cambio climático é un problema intimamente ligado ao desenvolvemento, asociado ao noso modelo de crecemento baseado en quéima de combustibles fósiles e patróns de consumo e produción pouco eficientes considerando un punto de vista enerxético. Constitúe un reto sen precedentes pola dificultade que supón dar unha resposta eficaz ás causas que orixinan o problema, abordar con éxito a adaptación aos efectos que ocasiona e garantir simultaneamente o dereito ao desenvolvemento dos máis pobres e vulnerables quen, non contribuíndo á súa aparición ou facendo en moita menor medida, ven abocados ás indesexables consecuencias que carrexa. |
|