|
A ecoinnovación é calquera innovación real ou potencial que crea valor añadido e axuda a reducir o uso dos recursos naturais e/ou reducir a degradación ambiental. A ecoinnovación contribue ao crecemento económico, reducindo o seu impacto no medio ambiente, mediante o desenvolvemento de novos mercados e oportunidades de negocio e a loita contra o cambio climático e a xestión dos recursos poden ser as vías para a penetración da innovación, e o desenvolvemento sostible integrado da actividade no medio. Pretendése contribuir á ecoinnovación a través da producción limpa xa que presenta un enfoque integrador e preventivo, cunha aplicación práctica na empresa rural que supón unha mellora ambiental continua que permite acadar unha reducción nos riscos ambientais, unha mellor eficiencia do proceso e unha maior calidade dos productos, coa conseguinte mellora na rendibilidade global dos procesos. Na procura dunha producción limpa é indispensable promover un cambio nas actitudes e aptitudes, para o que se require un compoñente formativo, educativo e de concienciación colectiva importante. |
|