|
O solo soporta a produción primaria nos ecosistemas terrestres. Polo tanto, a produción de alimentos e fibras para a humanidade depende en gran medida dos recursos edáficos. Ás escalas de tempo humana e ecolóxica, o recurso é non renovable, polo que a súa conservación é un factor crítico para garantir as demandas crecentes de alimentos no mundo. Por iso, o chan atópase sometido a presións procedentes da práctica totalidade dos sectores económicos tales como a industria, a construción, a agricultura, etc. As consecuencias destas presións son un aumento da erosión, unha diminución da materia orgánica e da biodiversidade, un incremento da contaminación, compactación e salinización. |
|
Leer más...
|
|