|
O actual modelo enerxético non é sostible, dende o punto de vista ambiental, e tampouco garante, a medio prazo, a suministración de enerxía. É necesario modificar o actual modelo enerxético despilfarrador, dependente e contaminante, cara un sitema que utilice tecnoloxías innovadoras, eficientes e de baixo nivel de emisions na xeración, o almacenamento e a utilización da enerxía e no transporte. A estratexia enerxética debe articularse ao redor de dous eixos fundamentais, de promoción da eficiencia enerxética, dun lado, e de promoción do uso crecente de fontes renovables, doutro; e, dentro destes últimos, contribuír significativamente á contención do crecemento das emisións de gases de efecto invernadoiro. |
|