|
O noso obxetivo principal é protexer e defender o medio ambiente, intervindo naquelas zonas de Galicia onde se cometan agresións contra a Natureza. Os retos medioambientais que pretende abordar Fegama, e que necesitan accions urxentes son, entre outros, o cambio climático, a pérdida de biodiversidade, a destrucción da paisaxe, a degradación do solo e a auga. o abandono do rural, os lumes forestais e os impactos sobre a saúde causados pola contaminación. A Federación pretende fomentar entre as súas Asociacións membros a conciencia ambiental e uns métodos de traballo responsables no contexto ecolóxico e social, para que a sociedade rural en xeral desempeñe o papel que lle corresponde na conservación do medio ambiente.
O desenvolvemento sostible esixe a dispoñibilidade a longo prazo de recursos naturais e a preservación da calidade medioambiental. Polo tanto, require cambios nos métodos de producción existentes e no comportamento do consumidor. Os obxectivos especificos que rexerán a elaboración da planificación, serán os seguintes: Conseguir incorporar unha ecoinnovación nas actividades do medio rural, para intentar alcanzar un equilibrio que faga compatible o desenvolvemento económico cun contorno adecuado para nós e para os nosos descendentes. Promover prácticas, estratexias e sistemas de xestión empresariais no medio rural que persiguan un equilibrio entre as dimensions económica, social e ambiental.
Informar, formar e sensibilizar ao conxunto da sociedade e aos responsables das actividades do medio rural sobre o funcionamento dos sistemas naturais, do fácil que resulta estragar o seu equilibrio pola súa fraxilidade, e das enormes dificultades que xurden cando se pretenden recuperar.
Promover e potenciar as explotacións agrarias tradicionais, especialmente nas zonas desfavorecidas e nas incluídas na Rede Natura 2000, potenciando nestas áreas a agricultura ecolóxica, a agricultura de conservación, a reintroducción de razas e especies animais e vexetais autóctonas, etc.
Promover a conxunción de esforzos de tres sectores crave: administracións públicas, empresas e entidades sociais. Temos o convencemento de que para lograr cambios significativos no noso modelo de consumo e produción, hai que contar cos esforzos compaxinados dos tres sectores.
Informar e asesorar acerca da situación do medio ambiente, das cuestións técnicas relativas á protección ambiental, a utilización sostible dos recursos naturais e acerca da eficacia das principais políticas ambientais e sectoriais así como a súa aplicación. |