BÚSCANSE SOLUCIÓNS Á XESTIÓN DOS RESIDUOS ORGÁNICOS DAS EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS DO ROSAL

 O Martes 27 de Xaneiro reuníronse no Centro Social Polivalente “O Rosal” representantes da Asociación Medioambiental O Rosal, FEGAMA, Avicultores do Rosal e representantes da Universidade De Vigo para plantexar un plan de traballo para a incorporación do esterco nos invernadoiros da zona.

(Martes, 27 de xaneiro de 2009)

FEGAMA e a Asociación Medioambiental de “O Rosal” está pendente de pechar un convenio coa Universidade de Vigo para facer experiencias piloto sobre a xestión dos residuos avícolas da Comarca do Baixo Miño: Tomiño, O Rosal, Tui, A Guarda e Oia.
A  comarca do Baixo Miño ten un grande número de explotacións avícolas, actualmente estas granxas vense desbordadas pola acumulación de esterco que producen e que supón un problema medioambiental grave.

As problemáticas que os produtores plantexaron  na reunión foron dúas; por un lado a grande acumulación do esterco que se xera dado que non ten saída pola redución dos campos de cultivo. Por outra banda, a crise que sofren as empresas madeireiras provoca unha redución no seu volume de traballo coa conseguinte diminución dos subprodutos derivados da súa actividade, polo que o serrín e as virutas escasean, sendo para os produtores de polo moi importantes para a elaboración da cama e o mantemento da caldeira para a calefacción.

Todo isto motiva que actualmente as camas se estean a facer con palla ou cáscara de arroz pero esta solución supón un incremento de custos para os produtores.

Na xuntanza determinouse, como punto de partida, facer unha análise do esterco para coñecela súa composición e determinar as cantidades das que se dispoñen, así coma un estudo completo da zona, valorando os compoñentes sociais e económicos,e análise do tipo de solo  . A partires destes resultados elaborarase un informe no que se propoñan posibles alternativas, tamén se investigarán experiencias que se levan a cabo noutras zonas como Cataluña na que tamén xurdiu este problema.

As solucións propostas pasarían por unha posible reutilización do esterco mediante un produto derivado do mesmo para fertilización de solo ,ou o seu aproveitamento nun proceso de anaerobiose ou biometanización na cal parte da materia orgánica se convirte en biogás, podéndose aproveitar éste como combustible nas caldeiras xa que un metro cúbico de biogás corresponde enerxéticamente a 0,6Lde gasóleo . Ante todo preténdese que o aproveitamento derivado desta problemática sexa local .

O seguinte paso será facer unha segunda xuntanza na que se impliquen tamén representantes de granxas  integradoras e incluso tentar colaborar con algunha outra zona do próximo Portugal .

 
< Anterior