| AS EMPRESAS SOSTIBLES NO PARQUE NATURAL PENEDA GERÉS, EN PORTUGAL RECIBEN AOS HABITANTES DE VIANA |
|
(Martes, 3 de febreiro de 2009) Entre os obxetivos destas visitas está promover o aproveitamento das potencialidades das zonas rurais de Galicia, de forma que se mellore o comportamento ambiental das explotacións agrarias, favorézase a conservación de sistemas agrícolas e forestais tradicionais de alto valor ecolóxico, créense empresas que aproveiten os recursos dunha forma sustentable, aplíquense as vantaxes das novas tecnoloxías e foméntese a transformación industrial dos produtos na zona na que se xeran para conservar nela o valor engadido que supón a súa elaboración. O Parque Nacional Peneda Gerés é un exemplo de xestión da conservación e de compatibilidade co desenvolvemento socioeconómico dunha zona protexida, dado que os agricultores e gandeiros que viven no Parque Natural desempeñen un papel multifuncional: producen alimentos de calidade, entre os que destacan a producción de plantas aromáticas, protexen o medio ambiente, conservan a paisaxe e manteñen o tecido económico e social da zona. Este papel multifuncional repercute en beneficio da sociedade en xeral. ![]() |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|

Asociación para o Desenvolvemento Sostible da Comarca de Viana visitou o 30 de xaneiro a empresas que utilizan o potencial endóxeno no Parque Nacional Peneda Gerés, en Portugal.


