| FEGAMA DESENVOLVE UN PROXECTO PILOTO PARA A XESTIÓN DE RESIDUOS ORGÁNICOS DE EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS |
|
O proxecto piloto "Valorización dos residuos agrarios gandeiros e a súa repercusión na mitigación e na adaptación do sector gandeiro ao Cambio Climático" abrangue o desenvolvemento de alternativas innovadoras na xestión dos subprodutos orgánicos procedente de explotacións gandeiras avícolas, porcinas e vacúas nas comunidades de Galicia, Extremadura e Murcia. (Mércores, 2 de decembro de 2009) Porá en funcionamento experiencias piloto para a xestión destes residuos de tipo orgánico mediante por un lado o seu tratamento como compostaxe e a súa posterior aplicación como fertilizante en parcelas experimentais da zona con cultivos diferentes, e por o outro un sistema de valorización enerxética por coxestión anaerobia e obtención de biogás para a utilización nas instalacións das explotacións. Obteranse abonos orgánicos, estables que incrementen a cantidade de materia orgánica no solo e polo tanto a produción dos cultivos das explotacións piloto; E analizarase cal é o potencial fertilizante das mostras obtidas para fertilizar as parcelas experimentais. Ademais se ofrecerán alternativas viables aos problemas causados polo manexo das dexeccións gandeiras e o autoabastecemento de recursos e insumos, utilizando os recursos locais. Entre as vantaxes sociais, económicas e ambientais do proxecto piloto redundará na diminución da contaminación de augas superficiais e subterráneas, así como das emisións de gases de efecto invernadoiro. Para o desenvolvemento do proxecto contarase coa colaboración e asesoramento das Universidade de Santiago de Compostela como de investigadores especializados no tratamento de residuos agrogandeiros. Estableceranse mecanismos de comunicación, transferencia e intercambio de información entre os científicos, expertos do sector e os gandeiros. Este ano estase a executar a fase preparatoria que consiste na realización do diagnóstico inicial, reunións e elaboración de material divulgativo. A Federación Galega de Medio Ambiente - FEGAMA realiza este proxecto co cofinanciamento do Ministerio de Medio, Medio Rural e Mariño e coa colaboración da Federación Extremeña de Asociaciones para la Protección del Medio - FEAMA e a Federación Murciana de Asociaciones Ambientales del Medio Rural - FEMUMAR. |
| Siguiente > |
|---|



